O ‘2º rallye Carballiño-Pazo Tizón’ percorrerá a comarca os días 28, 29 e 30 de xullo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As estradas dos municipios de Amoeiro, O Irixo, Cea, Boborás, Cenlle, Maside e O Carballiño serán escenario da segunda edición do Rallye Carballiño-Pazo Tixón durante os vindeiros días 28, 29 e 30 do presente mes de Xullo, baixo a organización de escudería JLB Motorsport e o patrocinio de diversas entidades comerciais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Praza Maior da nosa vila acolleu hoxe a presentación deste evento, acto ao que asistiron representantes dos concellos, da organización e da Federación Galega de Automobilismo.