O Carballiño acolle a sexta proba do campionato galego de rallyes coa segunda edición do Pazo Tizón – comarca de Carballiño

Despois de tres semanas de descanso estival, o Campionato Galego de Rallyes retorna a actividade esta fin de semana (28 e 29 de xullo) coa segunda edición do Rallye Pazo Tizón – Comarca de Carballiño, que contará con máis de 120 equipos na liña de saída.

A que será a sexta proba puntuable do certame terá un amplo abano de actividades previas como a realización dun shakedown de 12:00 a 15:00 horas no treito da Subida á Saleta ou unha fotografía de familia de todos os equipos participantes dentro das Copas Galegas que equipan neumáticos Pirelli, ademáis dos participantes do Criterium Recalvi as 19:00 horas na Praza da Veracruz.

AVANTAR ACTIVIDADES

Precisamente dende ese centro neurálxico tomarán a saída os equipos rumbo ao primeiro treito cronometrado na tardiña do venres, as 20:18 horas.

Xa durante o sábado, dez especiais para completar unha proba que percorrerá algúns dos lugares máis representativos da comarca do Carballiño e que terá como grandes favoritos a Alberto Meira e Avelino Martínez; Jorge Pérez e Miriam Vera ou a Javier Ramos e Álex Moure.

Ademáis, tamén estarán presentes as diferentes fórmulas de promoción do certame autonómico: O Supercampionato Recalvi R5, as tres Top Ten Pirelli Driver Autia (A,B e C); a Gara N5; a Pirelli AMF; Volante FGA e o Criterium Recalvi.

A chegada do primeiro participante á Praza da Veracruz de O Carballiño está marcada para as 22:00 horas do sábado 29 de xullo. Posteriormente terá lugar a entrega de premios.

LISTA DE PARTICIPANTES

ITINERARIO