No marco da programación da Festa do Pulpo, hoxe tivo lugar unha homenaxe por parte do concello á Asociación Fotográfica O Potiños. Dende as súas orixes loitaron por preservar a memoria, e neste último ano con especial mención á Asociación de Pulpeiros e á súa traxectoria familiar.
O presidente de O`Potiños agradeceu esta homenaxe e destacou que para eles este é un ano importante. Tamén destacou que sen o apoio do concello non poderían haber sacado este proxecto adiante.
