O Bng pídelle ao alcalde que reciba as representantes do comité de empresa do transporte urbano e que escoite de viva voz as súas xustas demandas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

AS SÚAS DEMANDAS NON SO AFECTAN ÁS CONDICIÓNS LABORAIS NAS QUE ESTÁN A DESENVOLVER O SEU TRABALLO (SINGULARMENTE @S CONDUTORES/AS DO TREN QUE VAI ÁS TERMAS), SE NON QUE AFECTAN A SÚA PROPIA SEGURIDADE E Á DAS PERSOAS QUE TRANSPORTAN

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nestes días, representantes do comité de empresa dos transportes urbanos, teñen dado a voz de alarma sobre a situación lamentable na que están a presetar o servizo das termas.

Á carencia absoluta das mínimas condicións laboráis nas que prestan o servizo, con clara afectación para a súa saúde, está outra importantísima que ten a ver coa falla de seguridade na prestación do mesmo.

O peor non é que as persoas que viaxan no tren das termas se teñan que baixar para que o tren poida subir unha costa, o verdadeiramente grave, segundo relatan os propios condutores e condutoras, é que en máis de 1 ocasión o tren tense quedado sen freos, o que evidentemente supón un problema para a integridade das persoas que viaxan nel e de seguridade viaria para vehículos e peóns.

En datas recentes,  a un dos trens saiuselle unha rolda do eixe, con tanta fortuna que se produciu cando o tren se dirixía á cocheira ao remate da súa xornada.

Hai que ter en conta que estes vehículos están exentos de pasar a correspondente ITV que se lle esixe a todos aqueles vehículos que transportan persoas.

Isto que está a pasar non é casual, e fala da deixadez coa que se está a prestar este servizo por parte da empresa, que durante estes anos nos que está en precario ten obtido enormes beneficios econónicos ( hai unha sentenza que dí que hai que pagarlle as contas de explotación da empresa máis un 6% anual xa lle pagamos 3 millóns de euros polas anualidades 15-19, e estase discutindo cantos millóns máis lle temos que pagar, e sen saber a día de hoxe cal é a relación xurídica e económica do concello coa empresa que está en precario.

Por todo o anterior, e non so pola pobre imaxe que se está a trasladar da de Ourense cara o exterior (tren que se avaría continuamente, termas pechadas e en un estado de abandono evidentes….) e polo que lle pedimos ao alcalde que actúe con celeridade, que reciba ás representantes das traballadoras e traballadores do transporte urbán e dea solucións ás súas xustas demandas