Centro galego de Castelló festeja dia das letras galegas

O pasado día 20 de Maio, o Centro Galego de Castelló ” O Aturuxo”, coma ven sendo tradicional,  sumouse os actos da celebración do Día das Letras Galegas, no que a Galicia exterior celebra esta dfata tan importante da nosa cultura, para elo  confecionou un programa de actos, que se  desenvolverón  no seo da súa entidade social ” O Faiado” do complexo Tetuán XIV. 
O escritor, ex director comercial da editorial Galaxia, Fundacion Carlos Casares, secretario do agrupacion Toxos e Froles, Rondalla  da Casa de Campo, Asoci San André de Teixido, entre outros,  director de revistas culturais de Ferrol e a súa comarca. Pedro Xosé Branco Llano, gran coñecedor da obra  de Francisco del Riego, con  quen colaborou a traves da editorial Galaxia, realizou unha disertación baixo o titulo de ” Don Paco, xestor de ilusions”.

A parte musical, veu da man do cantautor galego ( Cuntis-Pontevedra). Manoele de Felisa,  quen realizou un repertorio variado, musicando versos dos bardos galegos, recopilados no seu albún-disco  ” Cancioneiro dos camiños”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha xornada na que participarón  socios da entidade, representantes de centros rexionais e autoridades locais, rematando a xornada na que se sirveu un viño Galego e uns petiscos entre os asistentes.

Crónica de Felipe Cid