O Bng acusa a Jacome de rirse da veciñanza convocando unha praza para un posto de algo que so existe no seu maxín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO


Esta decisión de Gonzalo Pérez Jácome supón un insulto á intelixencia das veciñas e veciños no seu conxunto e revela que o concello é unha axencia de colocación ao servizo do alcalde

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Vai facer 3 anos, o alcalde calificaba de día histórico para Ourense”, sinalando que o centro de IA ía supór un antes e un despois para ourense porque ía permtilr retér talento e causar un gran impacto socioeconómico na cidade
O tempo demostrou o que o BNG dixo desde o principio, que o centro era unha gran mentira do alcalde. Foi un auténtio fiasco.
Dos obxectivos que se prevían:
• Desenvolver e fomentar expertos en IA.
• Fomentar a colaboración entre centros tecnolóxicos e empresas.
• Promover a transferencia científica de tecnoloxía de IA ao sector público e privado na busca de beneficios económicos e sociais prácticos.
• obter excelencia e habilidades fundamentais en investigación científica nun conxunto de áreas centradas na intelixencia artificial relevantes para a economía local.
• Transferencia de tecnoloxía: actuar de promotor da transferencia de I+D fomentando a posta en marcha de proxectos colaborativos. Será en áreas como: Smart City: Sociedad y gobierno inteligentes; BIOMED: Medicina Traslacional y Bioinformática; y Negocio: desarrollo de IA como servicio.
Non so non se cumpriu ningún, se non que ademáis acabou dimitindo un dos seus grandes impulsores, David Olivieri. Os aproximadamente mil científicos que ían traballar no centro acabáronse reducindo a 4 persoas que o que fixeron en todo este tempo foi crear unha páxina web, que da enormes problemas, e unha aplicación para o móvil. Persoas ás que se lle rebaixou o salario pasandoos de asesores a meros auxiliares.
O alcalde pensa que o concello é un saco sen fondo e segue a queimar recursos públicos en contratar persoas afíns, aínda que tente disfrazar os procesos de selección como a quintaesencia da igualdade, do mérito e da capacidade. Neste sentido hai que tomar o recente anuncio de contratación de 10 técnicos como a enésima cacicada ao máis puro estilo Baltar, disfranzandoo de xusto e transparente.
O PP castigounos ás veciñas e veciños hai 4 anos posibilitando que Jácome fora alcalde e permitindo que fixera todo tipo de tropelías. Agora voltou castigar á maioría das veciñas e veciños de Ourense dándolle novamente a alcaldía e póndolle unha alfromba vermella no concello para que faga o que lle pete.
As políticas clientelares e as arroutadas de Jácome están a supór unha sangría para as arcas do concello, que ten máis de 25 millóns de euros de débeda acumulada coas concesionarias que están en precario, e que van provocar un quebranto económico de tal magnitude que vai colocar ao concello nunha situación de quebra técnica.