O grupo socialista urxe á Xunta a iniciar as obras de mellora da Ou – 533 entre a Rúa e a Gudiña

Eduardo Ojea Salienta a importancia da vía como saída natural de Valdeorras cara Vigo, Madrid e a Portugal

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2022. O parlamentario socialista Eduardo Ojea vén de presentar unha pregunta oral na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento para reclamarlle á Xunta que poña en marcha as obras de mellora da estrada OU – 533 que une A Rúa e A Gudiña. Esta vía de comunicación constitúe “a saída natural de Valdeorras ata Portugal ou a Madrid e Vigo”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Salienta a importancia da estrada “tanto para os valdeorreses como para os nosos veciños do Bierzo”, ademais de comunicar coa estación de AVE de A Gudiña, co que “o incremento na mobilidade por dita estrada fai que necesite dun arranxo importante”. Sinala que “por enriba de todo dende Viana ata A Gudiña o trazado necesita dun terceiro carril polo perigo que implica, curvas continuas e sen beiravía ao longo dos 10 quilómetros que separan das dúas localidades”.

Explicou que “a mellora contribuirá ao reequilibro territorial dos municipios da súa influenza ante a posta en servizo da nova estación do AVE”, ademais de que “suporá a mellora das comunicacións dos concellos da zona oriental de Ourense con Madrid pola A-52 e tamén coa fronteira portuguesa”. Alertou da “falla de resposta” da administración diante dunha necesidade perentoria “na que todos estamos de acordo”.