Este sábado tivo lugar a 6º Edición do Encontro Literario de Ourense, no Auditorio Municipal Manuel María. Nesta ocasión estivo centrada na novela histórica, con moitas novidades coma novos xogos. Para as organizadoras foi unha boa xornada, da que quedaron satisfeitas.
Cristin Ferro explicou en que consisten as actividades, con formato de xogo para facelas máis entretidas. A novidade deste ano foi o “pulpo quente”, con modalidade coma o xogo do Grand Prix da “patata quente”.