O Psdeg-Psoe de Nogueira de Ramuín denuncia a utilización dun vehículo municipal para uso particular de membro do goberno municipal do partido popular

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os e as socialistas critican a actitude do PP “confundindo” o público co privado e esíxenlles que “cesen nesta actitude intolerable e pouco ética, que provocou o monumental cabreo da veciñanza”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro do PSdeG-PSOE, Óscar Sánchez, pregúntase se “esta é a maneira de traballar pola veciñanza que entende o PP, mesturando público e privado, e beneficiando con medios públicos a membros do seu equipo de goberno municipal”

Nogueira de Ramuín, 23 de agosto de 2023. O PSdeG-PSOE de Nogueira de Ramuín denuncia a utilización dun vehículo municipal para uso particular de representantes do goberno municipal do Partido Popular. Os e as socialistas critican a actitude do PP “confundindo” o público co privado e esíxenlles que “cesen nesta actitude intolerable e pouco ética”.

Dende o grupo municipal socialista en Nogueira de Ramuín explican que “o pasado venres, arredor das oito da tarde, os veciños e as veciñas de Cerreda contemplaron asombrados como a furgoneta municipal, empregada para os traslados dos usuarios e usuarias do centro de día, chegaba co fillo da concelleira e a súa bicicleta”. Os e as socialistas afirman que a situación provocou “un monumental cabreo entre a veciñanza”, xa que tal e como apuntan “estamos ante un claro desprezo cara os veciños e veciñas e un uso particular de medios municipais que non están destinados a este fin”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Nogueira, Óscar Sánchez Yáñez, subliña que esta situación “non é nova”, xa que tal e como argumenta “xa en outras ocasións se empregou o coche do 112 para baixar bicicletas dende o campo de fútbol a casa dun concelleiro, ou mesmo para baixar ou subir “amigos” ás actuacións do parador de Santo Estevo”.

Sánchez Yáñez pregúntase se “esta é a maneira de traballar pola veciñanza que entende o Partido Popular, mesturando público e privado, e beneficiando con medios públicos a membros do seu equipo de goberno”. O edil socialista esixe “explicacións sobre este uso inapropiado de recursos municipais” e esíxelle aos populares que “cesen nestas malas prácticas”.