Ana Villarino: “Os partidos responsables da moción de censura no Concello do Irixo deberán explicarse ante os veciños e veciñas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A secretaria xeral do PPdeOU define a moción de censura como “o resultado dun proceso no que o interese xeral quedou desterrado ante os intereses particulares duns poucos”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Os partidos perdedores do 28M terminaron chegando a un acordo que desfigura e retorce o mecanismo da moción de censura. Porque aquí non censuran un goberno senón que reparten cargos”

“A política serve para outra cousa. No PPdeOU témolo moi claro, e por iso traballaremos con aínda máis forza polo presente e futuro deste concello”, remarcou Ana Villarino

29, agosto, 2023. A secretaria xeral do PPdeOU, Ana Villarino, definiu a moción de censura desenvolvida esta mañá no Concello do Irixo contra o alcalde popular, Manuel Cerdeira, como “o resultado dun proceso no que o interese xeral quedou completamente desterrado ante os intereses particulares duns poucos”. 

“E agora, que? Os partidos responsables desta moción de censura”, preguntouse Villarino, “deberán explicar aos veciños e veciñas do Irixo as razóns verdadeiras do acontecido hoxe no salón de plenos, apenas dous meses despois de terse constituído a Corporación municipal”. 

“O Partido Popular gañou as eleccións no Irixo”, lembrou a secretaria xeral do PPdeOU, “e os partidos perdedores nas eleccións municipais do pasado 28 de maio terminaron chegando a un acordo que desfigura o mecanismo da moción de censura. Porque aquí non están a censurar a un goberno senón que están a repartirse cargos sen ningún tipo de disimulo nin escrúpulos”. 

“A política non é, dende logo, o que vimos esta mañá no Concello do Irixo. Non é antepoñer o individual fronte ao colectivo, nin é reducir todo a cuestións persoais. No PPdeOU témolo moi claro, e por iso traballaremos aínda con máis forza polo presente e o futuro deste concello”, remarcou Ana Villarino.