A corporación do concello do Carballiño reúnese mañá en sesión plenaria, a primeira deste mandato, que poderán seguir en directo a través desta canle. Por parte do goberno, está a aprobación dos festivos locais para o 2024 e a revisión do prezo do contrato de axuda a domicilio.
En canto ás mocións da oposición, o BNG pide unha mellora da calidade educativa no conservatorio de música do Carballiño, motivada ademais polas últimas queixas manifestadas pola entidade.
Por parte de Espazo Común piden que o concello estableza unha axuda de 100 euros a cada neno para material escolar, e por outra banda, un plan de choque de limpeza en todo o pobo.
O Partido Popular presentou dúas mocións. Por unha banda, piden melloras no funcionamento da xestión deportiva e das instalacións do concello; e tamén melloras na seguridade pública do concello.