As choivas desta semana obrigan a volver a pechar as tapas dos contedores

IES CHAMOSO LAMAS

Así o afirma a concelleira de Medio Ambiente e Limpeza do Carballiño, Rita Soto. A norma ata o de agora era manter as tapas dos contedores de lixo abertas por considerarse un foco de contaxio ao tocar a tapa cada persoa cada vez que tira o lixo. Pero neste caso, coa cantidade de agua que precipitará esta semana recomendase xusto o contrario, por hixiene, pechar novamente as tapas. De todos os xeitos, precisamente por o seu risco de contaxio os contedores de lixo son desinfectados habitualmente. Así mesmo, lembra a concelleira, coa que estivemos hoxe, que só se pode baixar as bolsas de lixo de 8 a 10 e de20 a 23h e en ningún caso obxetos voluminosos xa que a deputación suspendeu ese servizo. O servizo de limpeza prosegue con normalidade e reasignaronse aos xardiñeiros servizos de desinfección mais prioritarios agora.

VIDEO

HIPER MASIDE