O presidente da Deputación supervisa as obras rematadas no concello de Piñor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, visitou o Concello de Piñor acompañado polo alcalde, José Luis González. Para o presidente, este concello é un exemplo para o rural ourensán, que a pesar de ser pequeno é dinámico e con gran variedade de servizos para a cidadanía. Nesta rolda de visitas analiza cos alcaldes tamén proxectos de futuro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tralo encontro na Casa Consistorial, visitaron o parque infantil do Arenteiro e o remate dos traballos de humanización en Casfigueiro. Ambas son obras financiadas ao 100% pola entidade provincial coa finalidade de solventar as necesidades dos concellos pequenos.