O BNG de Celanova demanda un plan integral de desenvolvemento económico no Parlamento de Galiza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os deputados do BNG  Iago Tabarés e Noa Presas, acompañaron ao concelleiro do BNG de Celanova, Leopoldo Rodríguez e membros do BNG de Celanova para demandar a elaboración dun plan integral de desenvolvemento económico  para Celanova por parte da Xunta de Galiza en colaboración co concello da vila.

 “Desde o BNG demandamos un plan integral que permita por en valor o patrimonio monumental e histórico de Celanova, como pulo de desenvolvemento turístico”.  Declaraba o deputado do BNG Iago Tabarés, que continuou sinalando que asemade cumpre apoiar e por en valor o comercio local e de proximidade como elemento dinamizador da vida económica e social  da vida ao tempo que permita o desenvolvemento e conservación dos nosos sectores produtivos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 Desde a fronte nacionalista tamén constatan a necesidade da elaboración dun  plan xeral de ordenación municipal que dote a Celanova do chan industrial preciso para asentar novas empresas.

A Xunta de Galiza e o concello de Celanova  non poden continuar  pasivos  ante o devalo económico, social e demográfico dunha vila e dunha comarca, a de Celanova, con extraordinarios recursos e de extraordinarias capacidades que para a súa posta en valor precisa do impulso e dunha planificación que corresponde ao sector público

Declarou tamén Tabarés que para o Bloque Nacionalista Galego é  inexcusábel o remate da AG-31 até a fronteira portuguesa, esencial para vertebrar o país, como para potenciar o desenvolvemento económico da Galiza interor.

Por iso desde o BNG demandamos un plan integral de desenvolvemento económico para Celanova con participación, implicación e compromiso tanto da Xunta de Galiza como do propio concello de Celanova.