Luis Menor compromete total apoio da Deputación á Universidade de Vigo “para acadar que o Campus de Ourense medre, algo que suporá que tamén o faga a provincia”

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) con Manuel Joaquín Reigos Roger (Reitor da Universidade de Vigo) acompañdo de Javier Rodriguez Rajo (Vicerreitor do Campus de Ourense) José Luís Míguez Tabarés (Vicerreitor d Planifiación) e de María José Bravo Boch (Secretaria Xeral da Universidade de Vigo).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo esta mañá o seu primeiro encontro institucional co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, acompañado polo vicerreitor do Campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez Rajo, e membros do seu equipo directivo como a secretaria xeral da UVigo, María José Bravo Bosch, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luis Menor recalcou o “valor estratéxico” deste encontro, que transcurriu “nun ambiente de extraordinaria cordialidade, franqueza e colaboración recíprocas, cun diálogo directo, unidade de obxectivos e claridade na folla de ruta, na que o apoio da Deputación seguirá estando de xeito inequívoco e incrementándose a cada paso”. Ademais, o presidente provincial felicitou o equipo directivo da UVigo “por aportar polo noso Campus, situándoo como punteiro e nunha tendencia ascendente, cando a global é de descenso do alumnado, síntoma claro de que están a acertar nas súas decisión e nos seus diagnósticos”.  

O máximo responsable da Deputación de Ourense analizou tamén as novas oportunidades de crecemento do Campus, baseadas na unión das dúas zonas universitarias mediante o soterramento de parte da Avenida Otero Pedrayo, e a posibilidade de acadar novos solares que permitan o crecemento do núcleo universitario e que permitan albergar novos centros xa diseñados dentro da liña académica tecnolóxica e aeroespacial. “Colaboración sempre a houbo e vai seguir sendo así, pois a Universidade sempre foi fundamental para o avance da provincia e seguiremos apostando con total determinación e plena sintonía para acadar os obxectivos que todos buscamos:  que a Universidade medre e eso suporá que a provincia tamén o faga”, expresou Luis Menor. 

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, abundou da importancia estratéxica da ampliación do Campus: “Neste momento temos algunhas titulacións que están preparadas e que están traballando pero non teñen sitio, por eso a ampliación é precisa. O Campus de Ourense pode chegar a ser un dos mellores de España, porque está moi ben situado, nunha cidade na cal é moi agradable vivir e en plena urbe. O ideal é conseguir que sexa un Campus único, que sexa cómodo e accesible, e non ter que buscar ampliacións fóra del”. De feito, o máximo responsable da UVigo sinalou que “este é para nós o proxecto máis emblemático do mandato que temos en marcha no conxunto dos 3 campus da Universidade, por eso precisamos toda a axuda e estamos moi satisfeitos e agradecidos pola posición da Deputación, que nos vai axudar a que esto que hoxe é un soño, se convirta nunha realidade da que todos poidamos presumir”.