PROSAGAP Solicita o CESE da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras

PROSAGAP Solicita o CESE da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras , pola súa contínua improvisación na xestión desta segunda onda da pandemia.

Esta pandemia aféctanos a todxs xs profesionais e Servizos, tanto en Atención Especializada coma Primaria, incrementando a nosa carga de traballo na atención a pacientes Covid, axs que hai que sumar o resto de pacientes non Covid que tamén precisan dos nosos coidados.

AVANTAR ACTIVIDADES

Servizo de Lactantes permanece pechado dende o verán… din que é por si precisan mais camas de adultos… pero xa non sabemos se vai a convertirse nalgo definitivo, de maneira encuberta, para acabar derivando axs nosxs pequenos a outras Áreas como xa se fixo no seu momento coa cirurxía pediátrica.

Non se adecuaron os espazos suficientes para a atención dos pacientes críticos, o que obrigou a derivar pacientes a outras Áreas Sanitarias.

Tampouco se formaron profesionais nas Unidades de Críticos cando as condicións o permitían, e agora din que NON poden garantir as vacacións nin os descansos dxs profesionais.

contratación de persoal continúa a ser precaria, con renovacións mensuais, no mellor dos casos, e sen garantir os permisos sen soldo por conciliación familiar.

Os ratios de persoal están baixo mínimos dende sempre (so hai que ver a dotación de persoal nas folgas), o que dificulta a actividade asistencial en; Urxencias, Críticos, Hospitalización, Pediatría, Servizos Centrais, Limpeza…

En moitos deles nin tan siquera existe un plan funcional adaptado a esta nova realidade, son xs propios profesionais xs que se ven na obriga de tomar decisións organizativas a golpe de XA, porque non hai marxe de demora… Non podemos evitar preguntarnos, para que están eses mandos intermedios que cobran pola planificación e adecuación das infraestructuras a usar, dotación de persoal, distribución de tempos e tarefas, xestión de material..???

Néganse a dotar de mascarillas FFP2 a todxs xs profesionais, apesares da transmisión recoñecida por aerosois do virus, existindo moitas estancias onde non é posible unha axeitada ventilación ou renovación de aire cando se explora aos doentes… Recordade que na primeira ola incluso prohibiuse o uso da mascarilla cirúrxica…

Non estipulan o tempo máximo de uso continuado dos EPIs que sexa seguro para a saúde dxs profesionais, nin o periodo de alivio dos mesmos. “O tempo que o corpo che aguante” é unha das moitas lindezas que temos que escoitar nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde.

Contemplan a medida de peches temporais das salas de descanso no seu “Plan específico para a prevención de de riscos fronte a exposición laboral ao novo coronavirus (SARS-CoV-2) da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras, Rev 02 do 26 de outubro de 2020” para evitar contaxios entre profesionais, en lugar de adecualas á actual normativa de distancia interpersoal.

Comité de Profesionais que asesoran á Xerencia está formado exclusivamente por FEAso resto de categorías NON teñen representación. Eso fai que non se teña en conta a visión, entre outros, do colectivo maioritario como son xs profesionais da Enfermería, que ademais uns dxs que procuran os coidados a pé de cama dxs doentes e coñecen de primeira man as necesidades de atención básicas, e os medios precisos para levalas a cabo.

É unha práctica habitual do Xerente, Don Félix Rubial, co beneplácito absoluto da Directora de Enfermería, Dona Beatriz Cabanelasrelegar o papel dxs profesionais de enfermería á 50 anos atrás, polo que o sentir dxs enfermeirxs desta Área Sanitaria  é que NON están NIN representados NIN respaldados por aqueles que ca súa xestión só poñen trabas ao seu traballo diario e non teñen en consideración a súa profesionalidade.

Por todo isto cremos que é imprescindible que o Señor Conselleiro de Sanidade cese a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras.