Arrinca na Ribeira Sacra a VI Edición da Ourense Iccweek

Entrega do Prenio Xosé Aurelo Carracedo a Pablo Varela (Periodista de “La Voz de Galicia” en Ourense). Entrega o premio Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense).

A xornada inaugural da Semana das Industrias Culturais e Creativas celebrouse en Santo Estevo de Ribas de Sil cunha reflexión sobre os necesarios cambios do sector despois do COVID. 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar salientou o compromiso do organismo provincial coa colaboración e o traballo en rede para sacar adiante proxectos culturais e creativos e manter vivo o sector nun momento cheo de incertezas, cualificando á provincia de Ourense como “un territorio que non renuncia á cultura e á creatividade cunha cita ineludible que deixa a súa pegada na sociedade, falando de vanguarda, aproveitando as novas tecnoloxías e poñendo en valor a Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade”. 

AVANTAR ACTIVIDADES
Entrega dos premios Rodolfo Prada Chamochín a xestión cultural a José Ramón Nvooa Salgado (Platea Lua), Ernesto Romero (Novo Cine de Leiro) e a Miguel de la Cierva (Nautico de San Vicente). Entrega os premios Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense).

O Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil acolleu este mércores a inauguración da Ourense ICC Week, onde o presidente da Deputación, Manuel Baltar salientou o compromiso do organismo provincial coa colaboración e o traballo en rede para sacar adiante proxectos culturais e creativos e manter vivo o sector nun momento cheo de incertezas. 

Manuel Baltar, cualificou á provincia de Ourense como “un territorio que non renuncia á cultura e á creatividade malia este difícil momento, convertendo á ICC Week “nunha cita ineludible que deixa a súa pegada na sociedade, falando de vanguarda e aproveitando as novas tecnoloxías, pero tamén poñendo en valor un escenario como este”, en referencia ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e á Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade. 

Conferencia de Oscar Mariné “O deseño como valor engadido” na ICCWEEK no Mosteiro de Santo Estevo.

“A cultura segue e resiste”, subliñou Manuel Baltar, para quen esta Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense permitirá pasar revista a cuestións de actualidade e de enorme interese con relatores de gran calidade, “pero ademais demostrando que unha administración provincial como a ourensá e o seu goberno “cren como ninguén no traballo en rede e na comunicación, como ferramenta fundamental para dar a coñecer e promover a creatividade”. 

O presidente da Deputación tamén se referiu aos premios Rodolfo Prada á xestión cultural, e “Xosé Aurelio Carracedo” de xornalismo, cuxos gañadores recibiron os seus galardóns nesta mesma xornada inaugural da ICC Week, “e onde tamén se premia a creatividade, polo que é todo un acerto trasladar estes actos -en particular o premio de xornalismo aprazado pola pandemia- a un evento que promove a creación”. 

Tamén tivo palabras Manuel Baltar para os membros do Consello Asesor de Cultura presentes no acto, destacando unha iniciativa do goberno provincial posta en marcha durante o confinamento “para pensar nas necesidades do sector da cultura no día despois desta pandemia, para afrontar as incertezas, pero desde un compromiso claro e irrenunciable coa cultura”. 

18.30 horas: Acto de apertura da “Ourense ICC Week.- O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acollerá o acto de apertura dunha edición especial da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense, a “Ourense ICC Week”. Coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar, o acto iniciarase cun encontro do Consello Asesor de Cultura de Ourense. O acto contará coa conferencia de Jaime García Cantero (Director do Pais Retina)..

A xornada inaugural incluíu un encontro de especiais características do Consello Asesor da Cultura, cun debate moderado por Jaime García Cantero, responsable de ‘EL PAÍS retina’ onde se reflexionou sobre o futuro do sector despois do COVID. Na súa intervención insistiu na necesidade de resetear e recomezar os necesarios cambios nas industrias culturais para adaptarse ao futuro. 

No tocante aos premios, nesta terceira edición do “Rodolfo Prada” á xestión cultural e na categoría de profesionais da cultura recolleu o galardón Ernesto Romero, responsable do Novo Cine de Leiro 3D; ‘Platea Lúa’, na categoría de persoas voluntarias e colectivos afeccionados; e Náutico de San Vicente como gañador na categoría de proxectos culturais. O trixésimo premio “Xosé Aurelio Carracedo” de xornalismo foi foi o entregado a Pablo Varela, xornalista de La Voz de Galicia. 

A xornada rematou coa invitación do recoñecido deseñador, ilustrador, tipógrafo e artista  

Oscar Mariné, a participar na conferencia que impartirá mañá xoves. 

A primeira xornada desta edición especial da Semana das Industrias Culturais e Creativas retransmitiuse en directo pola canle de Youtube da ICC Week, na web da Deputación de Ourense e na web de La Región, como o resto das actividades planificadas desta edición, condicionada pola situación actual, e na que case todas as actividades se realizarán sen público e todas serán retransmitidas por streaming

O lugar elixido para esta sesión inaugural desta ICC Week foi a Ribeira Sacra, imaxe de referencia desta edición, remarcando a aposta da Deputación de Ourense na defensa do patrimonio e na súa candidatura para converterse en Patrimonio da Humanidade. Neste marco, se reafirmou o compromiso co sector cultural nunha provincia profundamente vencellada coa cultura e o patrimonio.  

AVANCE PROGRAMA DO XOVES  

A xornada do xoves arrincará ás 10 da mañá coa intervención da musicóloga ourensana Erea Carbajales, que adicará o seu relatorio á evolución da música nos videoxogos. A continuación, ás 12.30 horas, o deseñador, tipógrafo e artista Oscar Mariné aportará a súa ollada do mundo do deseño, desde a súa ampla experiencia como un dos máis importantes nomes do mundo do deseño nos últimos 30 anos. 

Pola tarde, a industria dos videoxogos será a protagonista das reflexións de tres profesionais cunha dilatada carreira no sector. Kiko Béjar (Benditos videojuegos), Roberto Yeste (Play Station) e Sonia Herranz (Hobby consolas) participarán nunha mesa redonda de debate en streaming desde Madrid que comenzará ás 17.45 horas. 

No referente aos e-Sports, este xoves tamén se celebra a final da Supercompetición de Escuderías de Gran Turismo, que pode ser seguida en directo en twitch.tv/comandogol desde as 20.00 horas. 

Con esta reprogramación e aposta polo streaming e os eventos sen público, a Deputación de Ourense e os responsables da ICC Week apostan por manter a cultura viva e activa durante esta Semana das Industrias Culturais e Creativas, con todas as medidas de seguridade.Toda a información actualizada sobre as actividades da ICC Week pode atoparse en www.ourenseiccweek.com e nas redes sociais da ICC Week.