Sábado de cine no Carballiño cas Xociviga

A cuarta xornada das Xociviga (Xornadas de Cinema e Vídeo de Galicia) do Carballiño
continúa coa súa programación para todos os públicos. Ás 11.00h no Auditorio Manuel
María os máis pequenos poderán gozar de Valentina (2021), película galega gañadora do
Goya a Mellor Película de Animación. Nela, Valentina soña con ser trapecista pero cre que
por ter síndrome de Down non poderá conseguilo. Tamén no auditorio do Carballiño, ás
19.00h os adultos contarán coa proxección de Cinco Lobitos (2022), gañadora de cinco
premios no Festival de Málaga.
Para concluír a xornada, ás 23.00h na Praza da Veracruz o festival contará con Malencolía
(2021), película galega dirixida por Alfonso Zarauza, a cal foi rodada en parte no Carballiño.
Ao día seguinte, o domingo 31 de Xullo, as Xociviga contarán ás 18:30 coa proxección das curtametraxes que forman parte da Selección Oficial do Xurado e máis tarde ás 22:30 realizarase a entrega de premios ás curtametraxes gañadoras. As xornadas de cine
pecharán con broche de ouro a partir das 23:30 na Praza da Veracruz cos concertos do
grupo indie Abuela te quiero e a recoñecida DJ Emedj