O delegado territorial da Xunta presenta o programa “Xadrez: deporte, educación e formación”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou esta mañá o programa ‘Xadrez: Deporte, educación e formación’ na compaña do  7 veces campión de España e Gran Mestre, Iván Salgado, e o presidente do Club Xadrez de Ourense, Elías González.

Gabriel Alén significou a Galicia e Ourense como “dous destinos de deporte e de xadrez porque son grandes representantes do xadrez internacional”, e valorou  as xornadas nas que haberá “conferencias, exhibicións, vídeos, Master – Class de adestramento de alto nivel… unha ampla programación dedicada a todos os públicos para que maiores e pequenos se sintan atraídos por este gran deporte”.

AVANTAR ACTIVIDADES