NOTA DO PADROADO DA FUNDACION HOSPITAL ASILO NOSA SEÑORA DOS ANXOS DE RIBADAVIA

Satisfacción no Asilo de Ribadavia polos bos resultados das probas realizadas.

O Padroado manifestamos o noso recoñecemento a  toda a xente do Asilo como agradecemento pola súa enorme labor e esforzo nesta crise.

Os resultados das mostras PCR realizadas aos traballadores e residentes foron negativas. O que lonxe de relaxarnos nos dá máis forza para seguir a traballar na mesma liña de prevención e  de protección dos nosos maiores.

Publicidade Premer na Imaxe

Tivemos dous casos no persoal que, polo tempo transcorrido, polas probas realizadas e polas circunstancias de cada un, queda demostrado que non transmitiron o virus a ninguén dos demais compañeiros nin aos usuarios do Asilo.

O único caso de contaxio dun usuario do noso Asilo foi no Hospital de Ourense, e cando tivo que volver á nosa residencia estivo en todo momento illado dende a alta hospitalaria. En canto se detectaron síntomas foi derivado de novo ao hospital e quedou ingresado. En todo momento se aplicaron os protocolos indicados polas autoridades.

O Padroado da Fundación que xestiona o Asilo manifestamos a nosa satisfacción polas probas realizadas no Asilo e que puxeron fin a esta longa e inxusta espera tras 18 días desde que se notificou o primeiro positivo dun traballador .

O martes 21 de abril comunicáronnos a feliz noticia de que todas as probas realizadas a usuarios e traballadores deron negativo. Os bos resultados veñen a demostrar que as labores de desinfección e prevención realizadas polas nosas traballadoras e xerente foron imprescindibles para evitar que o virus se reproducira.

Pero esta boa nova non nos vai relaxar na nosa labor senón que nos dá máis forzas e nos respalda no traballo feito ata o de agora para seguir na mesma liña.

O Padroado tiña a certeza de que as probas ía saír ben, pois o traballo realizado por todo o persoal do Asilo foi impecable. Prevención, limpeza, protocolos, e as máximas precaucións no traballo diario.

Desde que a crise do COVID19 comezou en todo o país, no noso Asilo tomáronse as medidas de hixiene e desinfección que as autoridades sanitarias recomendaban, e moitas máis, e levouse a cabo o protocolo de illamento das persoas afectadas.

Manifestamos a nosa satisfacción polos resultados das probas realizadas no Asilo o venres e que puxeron fin a esta longa espera de incertidume e estrés que as traballadoras e familiares tiveron que sufrir inxustamente, e que rematou con estes resultados magníficos. Grazas ao bo facer dos traballadores e traballadoras e do seu xerente esta situación puido abordarse da mellor maneira posible, con profesionalidade e con todas as precaucións posibles.

Reiterar o noso total apoio a traballadoras, xerente e profesionais do Asilo e todo o noso ánimo e respaldo para seguir a traballar na mesma liña como ata agora,  demostrando diariamente que son uns enormes profesionais e persoas.

Asinan:

Presidente Padroado.  César M. Fernández Gil, Alcalde de Ribadavia.

Vicepresidenta. Noelia Rodríguez Travieso, portavoz PSOE Ribadavia.

Secretario. Brais Fidalgo, portavoz Ribeiro en Común.

Vogal.  Maite Rodríguez, portavoz BNG Ribadavia .

Vogal. Clara Loeda, portavoz PP Ribadavia.

Vogal. Pablo Carballo, párroco de Ribadavia.