O concelleiro de cultura do Carballiño, Diego Fernández, anunciou que dende a asociación que organiza o FETEGA (Festival do Teatro Galego) lle comunican que a edición deste ano podería celebrarse en decembro. A súa data tradicional a comezos deste mes non se puido manter ao ter problemas de financiación con varias administracións, que finalmente garantiron a súa achega a este proxecto. Dende o concello aseguran que eles mantiveron a subvención a este colectivo en todo momento e garanten a súa colaboración.
O concelleiro tamén se referiu ás Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga), que este ano tampouco tiveron lugar. Anunciou que será de novo o concello quen colla o mando, motivado por cuestións persoais das persoas organizadoras dos últimos anos.