A provincia alcalza os 500 falecidos nesta pandemia, delas doce de Ribadavia e oito do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras rexistrou hoxe, 2 de febreiro, a cifra máxima de 500 falecidos dende o inicio da pandemia, no mes de marzo do ano 2020. Como tónica xeraliza, a gran maioría de persoas falecidas a causa do coronavirus, presentaban patoloxías previas. Hoxe, dende o Sevizo Galego de Saúde, fixeron un balance da cifra de persoas nas que a enfermidade desembocou en morte, pormenorizado por concellos.

A cidade de Ourense lidera na provincia por número de falecementos, algo normal tendo en conta o volume poboacional. Deste xeito, notifica 149 mortos dese medio millar total. Na nosa contorna, o concello de Ribadavia rexistrou 12 falecidos nesta pandemia. No Carballiño a cifra é un pouco máis baixa, con oito mortes notificadas. Beariz contabilizou neste período sete falecementos, seguido de Leiro, con cinco e de Boborás, con catro. Piñor e Melón lamentan o falecemento de tres veciños. O Irixo, Cortegada, Carballeda de Avia e Avión suman nestes dous anos dous falecementos en cada un dos municipios. San Cristovo de Cea, Cenlle, Castrelo de Miño e Arnoia presentan neste listado un falecido en cada un deles.

HIPER MASIDE

San Amaro, Punxín, Maside e Beade presentan a outra cara da moeda. A pesar de que en todos eles houbo brotes importantes, nalgúns casos tamén en persoas maiores pertencentes a residencias da terceira idade, conseguiron pasar estes dous anos de pandemia sen rexistrar ningún falecemento.