Un total de 45 equipos galegos participan no 13º Rallye Lacón Históricos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño volverá a ser o epicentro do mundo do motor unha fin de semana máis. Neste caso será a 13ª edición do Rallye do Lacón Históricos. Contará con participantes das catro provincias galegas, que farán un percorrido de máis de 200 quilómetros por once concellos da contorna. Sairán dende o Parque da Veracruz, onde tamén estarán estacionados para os que queiran desfrutar deles. Este ano contan con 45 equipos xa anotados e os vehículos máis novos que se poderán ver son dos anos 80.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A concelleira de deportes, Silvia Baranda, agradeceu de novo que conten co Carballiño para un evento deste tipo, que ademais de contar cunha gran participación de vehículos tamén enche a vila de visitantes e asegurou que contarán co seu apoio.