A Xunta realizará mañá probas cas sereas nas presas de Albarellos e de Castrelo de Miño

A Xunta de Galicia ten previsto realizar o vindeiro martes 22 de xuño unha proba de activación das sirenas de aviso á poboación asignada a un total de 33 presas cun Plan de Emerxencia.

En total, durante a proba de son activaranse máis de 70 sirenas situadas en todo o territorio, dende as 09.00 horas ata as 16:30 horas. Estas probas non afectarán á actividade diaria dos veciños.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este exercicio preténdese garantir a operatividade dos sistemas e que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da sirena de alerta de evacuación.

Na presa de Castrelo de Miño soará ás 12:15 horas, e será audible en Ribadavia, Castrelo, Arnoia e Melón. A de Albarellos soará ás 13:15 horas e oirase en Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle.