Luis Menor recibe na Deputación de Ourense a unha delegación de alcaldes e alcaldesas de México e Paraguai

Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) recibe ós alumnos do master en política internacional de alcalde e políticos de México e Paraguai) no Salón de Plenos da Deputación Ourense, acompañados polo responsable Eladio Jardón Ferreiro.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Unha delegación composta por unha vintena de representantes municipais de México e Paraguai -alcaldes, alcaldesas, concelleiros e asesores- visitaron esta mañá a Deputación Provincial, dentro da estadía que están a realizar en España como parte da Escola Internacional de Goberno que organiza o Instituto Internacional de Marketing e Comunicación, dirixido por Eladio Jardón. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Salón de Plenos do Pazo Provincial foron recibidos polo presidente, Luis Menor, quen lles explicou as funcións, metodoloxía de traballo e liñas estratéxicas da Deputación, e respondeu tamén as cuestións que lle formularon os presidentes municipais, que versaron sobre financiación, organización e cooperación transfronteiriza con Portugal, entre outras. “A clave dos gobernos provinciais é a cooperación e colaboración cos pequenos municipios. Sen as deputacións, os pequenos concellos non poderían ter viabilidade técnica e financeira por si mesmos, de aí a enorme importancia das institucións provinciais”, explicou. 

Luis Menor tamén lles agradeceu a visita e lembrou que “Ourense, como terra de emigrantes que foi, é un territorio acolledor e xeneroso para todos os que queiran voltar ou establecerse aquí. Sempre os recibiremos cos brazos abertos”.