O Concello de Piñor organizou onte domingo a VI edición da Festa dos Callos no lugar de Arenteiro. Un ano máis, esta xuntanza popular reúne a moitos veciños do municipio e arredores co obxectivo de degustar un prato típico local e gozar dunha xornada entre veciños. Este ano repetiu tamén a xuntanza de motos clásicas que contou con 80 moteiros e a ambientación musical correu a cargo do dúo Aires de Broña. O bo tempo tamén invitou a que o récord de participantes, 550, se animase a desfrutar do evento.
Para o alcalde, José Luis González, foi todo un éxito tanto de participación coma de organización, con máis de 400 quilos de callos, 60 empanadas e varios lacóns.