O Carballiño mantén en seguemento 30 casos activos de Covid-19

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

GALICIA PRESENTA UNHA XORNADA NA QUE AS ALTAS PREDOMINAN ANTE OS CONTAXIOS, DEIXANDO A CIFRA GLOBAL EN SÓ TRES CASOS ACTIVOS MÁIS CA ONTE

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.361 (3+) deles 1.403 son da área da Coruña, 855 da de Lugo, 463 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 364 da área de Vigo, 689 da de Santiago, e 174 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.134 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.670 persoas curadas, rexistrándose 676 falecementos. A últimas persoas falecidas foi unha muller de 80 anos que estaba ingresada no CHUO e un home de 76 anos que estaba ingresado no CHUAC. Ambos presentaban patoloxías previas.

OURENSE

A Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras presenta hoxe máis altas ca contaxios. Deste xeito, hai activos a día de hoxe 463 (13-) casos positivos. Do total desta cifra, 39 están ingresados en planta, 5 pacientes nas UCI e 440 424 a seguimento a domicilio. Ademáis, hai que engadir o falecemento dunha muller de 80 anos que estaba ingresada no CHUO con patoloxías previas. É a víctima 137 de Ourense.

O CARBALLIÑO MANTÉN EN SEGUEMENTO 30 CASOS ACTIVOS DE CORONAVIRUS NA COMARCA

Na tarde de onte rexistrouse un novo gromo familiar no concello do Carballiño que afecta a tres persoas: unha muller de 22 anos e dous homes de 57 e de 33 anos.

Ademais, o concello de San Cristovo de Cea informaba onte de que os casos activos por Covid-19 diminuíron dos 11 ós 7, rexistrando 4 altas. Todos os que seguen sendo positivos permanecen en illamento domiciliario. Os contactos deron todos negativo na primeira proba.

A día de hoxe, no servizo de atención primaria do Carballiño hai tres brotes activos: o orixinado cunha adolescente, un procedente dun brote máis grande en Ourense, o orixinado nunha cea de compañeiros hai dúas semanas e o de San Cristovo de Cea. Ademais hai casos illados que non teñen relación con ningún destes brotes.

O RIBEIRO
O gromo detectado en Avión ascende a 11 casos cun contaxio mais dun home de 64 anos. Son 4 os casos positivos empadroados en Melón e 2 casos relacionados non empadroados neste concello. O concello informa que dúas persoas xa deron negativo na proba PCR.

O concello de Carballeda de Avia publicou unha nota informativa e notificou dous casos de coronavirus de persoas residentes no concello, que tiveron contacto con casos positivos de Ourense e Pontevedra.