Os membros de Partenalia reivindican ante o Comité Europeo das Rexións a capacidade de captar e xestionar “eficazmente” fondos da UE

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Bruxelas, 11 de outubro de 2023.- Os membros da Asociación Europea de Gobernos Provinciais Intermedios (Partenalia) reuníronse esta tarde co presidente do Comité Europeo das Rexións, Alves Cordeiro, nun encontro no que se falou do acceso das autoridades locais intermedias ao financiamento europeo, destacando a capacidade destas institucións á hora de captar e xestionar eficazmente fondos da UE, explicou o deputado de Innovación, Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, que asistiu á asemblea en representación da Deputación de Ourense.

No marco do Consello Político extraordinario da asociación, reunido estes días en Bruxelas, os membros de Partenalia tamén mantiveron un encontro cos representantes de Europa Creativa, programa insignia da Unión Europea para o período 2021-2027 destinado a impulsar e fortalecer os sectores culturais e creativos.

Jorge Pumar destacou ao remate da asemblea e da axenda de traballo algúns dos asuntos abordados nos dous últimos días, entre eles a loita contra o despoboamento no rural, pero con maior énfase na innovación social, aspecto no que as institucións locais deben ser pioneiras para a posta en marcha de solucións adaptadas ao seu territorio, citando Pumar nesta liña programas da Deputación de Ourense como os plan contra a soidade no rural ou a teleasistencia.