A primeira edición da xuntanza de coches clásicos do Irixo celebrouse este pasado sábado, cunha gran afluencia de afeccionados do mundo do motor. Precisamente, a organización do evento xurdiu dun grupo de amigos que desfrutan dos rallyes e concentracións e quixeron traer tamén esta tradición a este municipio.
Máis dun centenar de vehículos déronse cita, e chegando a máis de 180 persoas participantes. Entre eles puidemos ver ao tan coñecido Alpinche. Depois dunha ruta polo municipio, que se iniciaba dende a praza do concello, os participantes desfrutaron dun xantar na Carballeira de Pena da Sela.