O vindeiro Venres día 12 de Abril a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño porá a disposición de tod@s @s veciñ@s unha mesa informativa na Praza Maior de 18:00h a 19:30h.
Teremos buzóns para que deixedes suxerencias e reclamacións para a Valedora, ademáis tentaremos facer un mural de agradecemento para os profesionais sanitarios cós debuxos que os cativos fagan na mesa que habilitaremos para eles. Animámosvos a que veñades a conmemorar con nós o día da Atención Primaria.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.