A carballiñesa Teresa Táboas elexida pola revista Forbes Women como unha das 100 mulleres máis influentes de España

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A revista Forbes Women publicou a súa segunda lista das 100 mulleres máis influentes de España, na que se inclúen personalidades da política, o xornalismo, os negocios, a cultura e a ciencia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre elas figura a carballiñesa Teresa Táboas. Aínda que naceu en Cidade de México sempre se considerou carballiñesa xa que os seus pais, emigrantes ali pero de nacemento O Carballiño e Beariz.

Doutora Arquitecta coa Tese Doutoral dirixida polo Arquitecto D.César Portela Fernández Jardón, titulada “ A Cor en Arquitectura “ na que obtivo a máxima cualificación Sobresaliente ” Cum Laude “ cun tribunal que estaba composto polos seguintes arquitectos: Félix Candela Juan Navarro Baldeweg Manuel das Casas Manolo Gallego Xosé Bar Boo

Acceso a páxina web de Teresa Premer na Imaxe

Un dos proxectos de Teresa Táboas

Introducción da Revista Forbes para dar a relación das premiadas:

“«Yo no deseo que las mujeres tengan poder sobre los hombres, sino sobre ellas mismas», dijo en el siglo XVIII la escritora inglesa y pionera del feminismo Mary Wollstonecraft. Las 100 mujeres de esta lista, que Forbes Women presenta por segundo año consecutivo, no sólo tienen poder e influencia sobre ellas mismas, también sobre el resto de la sociedad. Desde políticas hasta periodistas, pasando por empresarias, directivas, agentes culturales, diseñadoras, investigadoras, locutoras y artistas. No están todas las que son, pero todas las que están han destacado por algún motivo este año. Contamos quiénes son y por qué las hemos elegido.”

Foto de Teresa na Revista

Teresa Táboas Vicepresidenta Unión Internacional de Arquitectura

“La doctora en Arquitectura es desde este año la primera española en ocupar este cargo internacional y única española miembro de la directiva. Ha sido consejera de Vivienda y Suelo de Galicia y presidenta-decana del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. En 1990 fundó su propio estudio. Su cargo finalizará en 2026 cuando Barcelona sea Capital Mundial de la Arquitectura.”

Acceso a Revista Forbes Women Premer na Imaxe


Reproducimos o ártigo publicado en Badal Novas cando foi elexida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1.

A carballiñesa Teresa Táboas foi elixida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1.

Parabéns a Teresa Táboas por esta elección. Unha carballiñesa que cando foi conselleira de vivenda acordouse da súa terra e grazas a ela Carballiño pudo adecentar todo o Poligono industrial con unha inversión importante por parte da consellería.

Facemonos eco da información que aparece na páxina web do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España

diario de Pontevedra

Teresa Táboas foi elixida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1. O nomeamento tivo lugar na 29ª Asemblea Xeral da UIA celebrada tras o Congreso da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) organizado os pasados días 2 ao 6 de xullo en Copenhague.

Coag.es

Táboas formaba parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1 desde 2021, a súa candidatura foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) na 28ª Asemblea Xeral.

mundiario.com

Traxectoria

Foi elixida o 15 de Maio de 2.003 Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo a primeira muller en acceder ao cargo.

En consonancia co cargo, foi Conselleira Titular do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España entre os anos 2003-2005.

Formou parte da Comisión de Vivenda do CSCAE e foi membro das comisións “Urban Issues” e “Environment and Sustainable Architecture” do Consello de Arquitectos de Europa (CAE), en representación do CSCAE.

Foi tamén representante do CSCAE na Asemblea da UIA celebrada en Istambul en 2005, nomeada Presidenta da Comisión de Vivenda do CAE en abril de 2006 e foi Conselleira de Vivenda e Só da Xunta de Galicia desde agosto do 2005 ata abril de 2009.

Desde 2018 é Membro Honorario da Federación de Colexios de Arquitectos da República Mexicana (FCARM).

De 2021 a 2023 formou parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1.