Espazo Común leva dúas mocións ao próximo pleno relativas ao transporte

A corporación do concello do Carballiño reúnese o vindeiro xoves día 26 nunha nova sesión plenaria. Por parte da formación de Espazo Común levarán dúas mocións relativas ao transporte. Por unha banda, piden o apoio para forzar a creación dunha autovía con dirección Pontevedra, unha conexión que favorecerá a economía e tamén o turismo, conectando o municipio coa costa.

Por outra banda, retoman o tema da estación intermodal, recalcando que O Carballiño merece unhas instalacións que cumpran coas necesidades e non deixen ao municipio nun segundo nivel no eido dos transportes. O debate ven motivado pola perda definitiva da estación de autobuses para a construción do novo centro de saúde.

AVANTAR ACTIVIDADES