Marina Ortega critica que o goberno galego faga propaganda da gratuidade das escolas infantís cando non a asume na súa totalidade e hai un grave déficits de prazas públicas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O GRUPO SOCIALISTA LAMENTA QUE A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL EMPREGA “CORTIÑAS DE FUME” PARA “FUXIR DOS PROBLEMAS REAIS” DOS QUE É  RESPONSABLE

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023.  A deputada do Grupo Socialista Marina Ortega lamentou este martes que a Conselleira de Política empregue “cortiñas de fume” para “fuxir dos problemas reais” dos que é a principal responsable.

No pleno do Parlamento de Galicia, a responsable de Política Social da Xunta, Fabiola García, compareceu para falar da gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos promovida polo seu goberno. Sen embargo, a voceira socialista nesta materia, Marina Ortega, reprochou que acuda á Cámara galega para falar deste asunto e non “doutros asuntos moi graves” que dependen da súa xestión.

Sendo que a anterior comparecencia de García foi para falar dos campamentos de verán, Ortega criticou que non dea explicacións da folga das traballadoras de residencias, das traballadoras das escolas infantís, que non foron recibidas pola conselleira que “pasa delas olimpicamente” sinalou, así como das denuncias de filtracións das datas das inspeccións ás residencias de maiores privadas dende a propia Consellería de Política Social. Sobre este último asunto, a socialista reclamou saber se dende a Xunta “van a investigar as denuncias sobre as filtracións das inspeccións e se é certo se están a perseguir aos denunciantes”, alegou.

No relativo á gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, matizou que hai un gran déficit de prazas públicas en Galicia, xerando imaxes como a de decenas de pais e nais facendo cola durante a noite para conseguir unha praza no concello de Oleiros ao inicio deste curso. Así mesmo, lembrou que o goberno de España transferiu á comunidade ata 34 millóns de euros para crear 3.417 novas prazas, que a Xunta non implementou.

Marina Ortega tamén apuntou a que a gratuidade non é tal, xa que moitas familias con poucos recursos se ven obrigadas a acceder a unha praza privada por falta de prazas públicas ou a inexistencia dunha escola infantil pública no seu municipio, e que teñen que facerse cargo dos custes do comedor.

Así mesmo, remarcou que a Xunta está vendendo a medida como propia, cando obriga aos concellos que asumir gran parte do custo desta gratuidade nas escolas públicas municipais, sen dar financiamento suficiente a cambio. Por elo, remarcou á conselleira que de novo “a Xunta invita, pero non paga”.

A deputada socialista agarda que no futuro a responsable do goberno compareza no Parlamento para dar explicacións doutros asuntos como os xa mencionados da situación das traballadoras e das filtracións ás residencias, así como que “explique e reverta o proceso de privatización dos centros de menores en Galicia e as condicións laborais dos traballadores destes centros”, ou a realidade dos menores con problemas psiquiátricos que viven en residencias de maiores e cuxos datos non facilitan á oposición .