Nos estudos de Badal Tv a nosa compañeira María Muleiro entrevista a Adolfo Nogueira voceiro de Espazo Común.

Adolfo Nogueira critica que pasaran tres meses dende que toda a corporación municipal chegara a un acordo para aprobar as modificacións de crédito necesarias para adicalas as axudas que recibirían autónomos, pemes e familias vulnerables do Carballiño. Dende a formación manifestan que é inaceptable o retraso na publicación das bases e advirten que de progresar a proposta do goberno socialista moitos afectados quedarán fóra dos supostos subvencionables. Cualifican a proposta de bases do alcalde Francisco Fumega de farragosas e confusas.

Nos pasados días deuse a coñecer o documento que recolle os pagamentos extraordinarios en concepto de produtividade do primeiro semestre do ano 2020 para os traballadores do Concello do Carballiño e Espazo Común critica que o concello deixe fóra do pago desta produtividade ós operarios de limpeza viaria que traballaron durante o confinamento.