Esta mañá tivo lugar unha nova presentación do eido cultural. Trátase dunha mostra de pintura que se abrirá ao público este sábado na zona anexa do Auditorio Manuel María a cargo da carballiñesa “Mayeya”. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, destacou o orgullo que supón para O Carballiño contar con esta mostra, dunha muller que naceu aquí e volveu á súa terra para superarse con esta mostra.
Por parte do Centro de Estudos Chamoso Lamas, quen apoiou esta mostra, destacaron a traxectoria da artista, que ademais é a primeira vez que presenta unha mostra aquí na súa vila, aínda que ten unha ampla traxectoria na Coruña, onde residía ata agora.
A artista, “Mayeya”, falounos un pouco máis da mostra e o que se poderá ver dende este vindeiro sábado. Nesta mostra pasará do realismo inicial ata o movemento máis abstracto. A inauguración será o sábado ás 20:00 horas.