Luis Menor participa na inauguración do IX Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía

O presidente provincial pediulle aos participantes “que vos convirtades en ‘prescriptores ourensáns’ para axudarnos a mostrar todo o que ten que ofrecer a nosa provincia do mellor xeito posible” 

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 27 de outubro de 2023.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle ata mañá o IX Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía. 

O presidente da Deputación, Luis Menor, foi o encargado de inaugurar este congreso, “un foro profesional e científico dos nefrólogos que exercen en Galicia, que permitirá  promover o coñecemento das enfermidades renais e contribuir a mellorar de maneira integral a atención aos pacientes”. 

O presidente provincial pediulle aos participantes “que vos convirtades en ‘prescriptores ourensáns’ para axudarnos a mostrar todo o que ten que ofrecer a nosa provincia do mellor xeito posible”.