A Deputación mobiliza 226.000 euros en axudas a municipios, entidades sociais e culturais da provincia

Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Participan Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación vén de mobilizar esta semana un total de 225.915,74 euros en diversas axudas destinadas a municipios, entidades sociais e culturais da provincia. 

No que respecta ás axudas a municipios, suman un total de 175.359,30 euros. Así, o Concello de Arnoia percibe 47.965,30 euros para a execución da obra de humanización do contorno da capela de San Mauro. Ao Concello de Vilar de Santos concédenselle 26.394 euros para a humanización e mellora das rúas O Forno e O Seixo. Para a execución da obra de eficiencia enerxética, consistente en placas solares na depuradora Folgoso-EDAR Laredo, no Concello de Esgos, a achega aprobada é de 48.000 euros, mesma cantidade que se lle concede ao Concello de San Amaro para a reparación do tellado no centro social de Anllo. Por último, ao Concello de Punxín concédenselle 5.000 euros para o servizo de transporte de persoas dependentes. 

AVANTAR ACTIVIDADES

En materia social, a institución provincial concédelle unha achega de 37.556,44 euros á Asociación Dano Cerebral Renacer, destinada ao acondicionamento do seu novo local. No ámbito cultural, a xunta de goberno da Deputación aprobou destinar 8.000 euros á Fundación Otero Pedrayo para a adquisición de terreo para o Miradoiro Bocarribeira de Otero Pedrayo: do mesmo xeito, tamén se aprobou a concesión dunha axuda de 5.000 euros á Sociedade Filarmónica Solpor destinada a gastos de funcionamento desta entidade.