Carballo puxo o punto e final a tempada de autocross autonómica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Autocross de Carballo puxo este sábado 11 de novembro o punto e final a un excitante ano na modalidade autonómica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A cita coruñesa, a sexta do certame, contou coa presenza de máis de medio cento de participantes que competiron baixo unhas condicións realmente difíciles e que obrigaron a cancelar as finais debido ao mal tempo por seguridade.

Desta forma, os vencedor dentro da categoría I foi Martín Castro, que ademáis conseguiu o título autonómico. A continuación situáronse Javier Lea e Alejandro Martínez.

Antonio López Lence foi o primeiro clasificado nesta derradeira proba do Campionato Galego en Carballo, sumando ademáis os puntos precisos para facerse co cetro autonómico. Acompañárono no podio desta proba David Moreira e Marcos Molinos.

Entre os carcross, Sergio Bastón foi o mellor da extensa lista de inscritos desta carreira,que xuntou a 25 participantes. O segundo clasificado da proba foi Javier Ramilo, que acadou o título, e Daniel Rey.

Por último dentro dos participantes da categoría V reservada aos carcross júnior, primeiro posto e título galego para Diego García que redondeou un fin de tempada sensacional. Iago Rodríguez e Yésica Lorenzo foron segunda e terceiro clasificado, respectivamente