Marina Ortega reclama no parlamento a cobertura inmediata das dúas prazas de pediatría do centro de saúde do carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Marina Ortega leva a Cámara autonómica a demanda dos veciños e veciñas da localidade para “blindar” os servizos sanitarios xunto con reivindicacións anteriores como pediatría de urxencias no ambulatorio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2023. A parlamentaria socialista Marina Ortega anunciou que presentará no Parlamento unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que cubra de inmediato as dúas prazas de pediatría do Centro de Saúde do Carballiño. Ortega levará á Cámara esta demanda cidadá, que se une ás reivindicacións anteriores do Grupo Socialista como xinecoloxía, matrona e pediatría de tarde e de urxencias no ambulatorio.

Alerta de que a falla do servizo de pediatría durante as tardes e a ausencia deste especialista no servizo de urxencias obriga aos pais e nais dun centro que atende a 27.000 persoas de 9 concellos a desprazarse ao servizo de urxencias do Hospital de Ourense, moitas veces colapsado, ou directamente optar pola sanidade privada.

Sinala que “é preciso que o goberno galego acolla estas demandas que trasladan os veciños e veciñas do Carballiño” para “blindar” os servizos de matrona, xinecoloxía e pediatría. Explicou que estes servizos resultan básicos para afianzar poboación nun dos principais núcleos de poboación da provincia e remontar a grave crise demográfica que fai de Ourense unha das provincias co peor saldo vexetativo de España.