A policía Local do Carballiño detén a unha veciña por alterar a convivencia na comunidade veciñal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na pasada tarde noite deste domingo dia 12 de novembro, recibiuse unha chamada do CIAE 112, na que unha persoa alertaba de que unha veciña estaba alterando a convivencia na comunidade veciñal.-
Unha patrulla de axentes trasladouse o lugar , e no interior da vivenda da alertante son informados do problema habitual continuado por parte dunha veciña.-
Cando os axentes deciden sair da vivenda para ir falar coa denunciada, atopan a esta moi alterada cun coitelo na man, sendo nese intre cando os axentes lle deron indicacións para que deixara o coitelo, e lonxe de facer caso as indicacións, seguiu adiantándose contra os axentes tentando cravar o coitelo a un dos integrantes da patrulla, sendo os axentes, quenes tras un forcexeo lograron reducila con certa dificultade e detida por Desobediencia, resitencia e atentado contra axentes axentes de autoridade.-
Trátase dunha veciña que altera de modo habitual a convivencia en comunidade, natural de Boborás, e veciña do Carballiño, M.C.P.C. de 63 anos de idade Quen pasará nas vindeiras horas a disposición xudicial.-