A Deputación colabora cun concurso para involucrar aos centros escolares no deseño dunha provincia máis sostible

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense colabora coa primeira edición do concurso “StarIdeas de emprendemento, ideas e innovación” para involucrar aos centros escolares galegos no deseño dunha provincia máis sostible. Este certame conta cun premio especial da Deputación que baixo o lema “Ourense provincia sostible”, pretende fomentar este tipo de emprendemento premiando a mellor idea. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo é involucrar á mocidade como axentes de cambio e fomentar a actividade innovadora entre os estudantes preuniversitarios, promovendo competencias e habilidades como a creatividade, a autonomía, o traballo en equipo, a confianza, a solidariedade, entre outros valores.  

Para participar no concurso, equipos formados por profesores e estudantes de centros educativos galegos terán a oportunidade de presentar proxectos e ideas innovadoras, que aborden algún dos 18 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 das Nacións Unidas, optando a premios e mencións económicas como o premio especial da Deputación, o de maior dotación económica (800 euros). 

Poderán participar estudantes de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e de ciclos formativos de FP básica, de grao medio e grao superior de FP e de Artes Plásticas e Deseño. Os participantes deberán facelo en equipo cun profesor e ata cinco compañeiros.  Os interesados teñen de prazo para inscribirse ata o 22 de novembro.  

Este concurso celebrarase no marco do congreso Futurgal Summit, organizado pola Escola Superior de Enxeñaría Informática – ESEI da Universidade de Vigo en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Trátase dunha iniciativa financiada pola Unión Europea-Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; e apoiada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e EOI.  

Para máis información: www.futurgal.com