A Deputación traerá en 2024 unha completa exposición dun dos fotógrafos de maior prestixio internacional, Manuel Outumuro

Reunión Luis Menor (Presidenta da Deputación de Ourense) co fotógrafo de Cartelle, Manuel Outumuro, acompañados da periodista Ourensán, Maribel Outeiriño.

Manuel Outumuro será a gran estrela do calendario expositivo que está a organizar a Deputación de cara ao vindeiro ano 2024. A exposición do prestixioso fotógrafo e tamén Premio Ourensanía 2022 será a máis importante do vindeiro exercicio na provincia. 

Así, o presidente provincial, Luis Menor, e Manuel Outumuro acordaron retomar este importante proxecto expositivo que unirá lembranzas da nenez de Outumuro en A Merca ou da súa etapa escolar nos Maristas, con fotografías de nova creación e da súa extensa traxectoria profesional. “Que un premio Ourensanía de prestixio internacional queira manter de xeito firme a súa vinculación artística coa provincia é algo digno de recoñecer e, por suposto, de agradecer, xa que pon en valor o noso territorio e a súa terra natal, A Merca”, sinala Luis Menor. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A exposición, que será inaugurada en setembro de 2024 e se prolongará ata final de ano no Centro Cultural Marcos Valcárcel, tamén contemplará un novidoso espazo expositivo ao aire libre e de gran formato en A Merca, como homenaxe á terra natal e gran fonte de inspiración do artista ourensán. 

Un dos fotógrafos máis prestixiosos da actualidade 

Manuel Outumuro (A Merca, 1949) é un dos fotógrafos españois máis importantes das últimas décadas. Formado como deseñador gráfico na Escuela Massana, foi director de arte, deseñador gráfico ou ilustrador antes de comezar en 1990 a súa traxectoria como fotógrafo profesional. Hoxe, debullar hoxe a biografía dun home autodefinido como “artesán que realiza fotografías por encargo” é observar a evolución da cultura visual española, especialmente a moda e o cine. Especializado nos retratos, polo obxectivo de Outumuro teñen pasando centos de emblemas da contemporaneidade -directores, actores, modelos, escritores, deportistas…- para traballos en xornais, revistas de moda, publicacións de referencia nacionais e internacionais. 

Os numerosísimos libros e exposicións retrospectivas da súa obra -con algunha mostra tan emblemática coma ‘Outumuro looks’, que chegou a ser exposta en cidades como Moscova, ou ‘Outumuro BCN retrats’ – axudan a entender a pegada de Manuel Outumuro no deseño estético e o retrato da España contemporánea, a través dun estilo singular e natural, influído polos clásicos da fotografía e da pintura e no que a luz xoga un papel predominante.  

Un frutífero camiño profesional no que, en paralelo, avanzou nos seus fondos vencellos coa súa terra. Ourensán afincando en Barcelona dende rapaz, fillo de emigrantes, pegado a súa familia e as súas raíces, Ourense está moi presente na vida dun home que ten no seu currículum premios nacionais e internacionais e proxectos que xustifican unha carreira, como documentar os traxes do Museo Balenciaga -un traballo recollido en ‘Mirar y pensar Balenciaga’-, ademais de participar en exposicións colectivas por todo o mundo -dende a historia da moda feita en Galicia a homenaxear ‘Last year at Marienbad’ de Alain Resnais- ou ser o comisario de mostras como “Genio y figura, la influencia de la cultura española en la moda”.  

Toda a súa traxectoria e prestixio profesional fixeron que o xurado do Premio Ourensanía acordase por una unimidade a concesión deste galardón na edición do pasado ano, a de 2022.