A CEO celebra unha xornada presencial para tratar cuestións prácticas da reforma laboral

A reforma laboral entraba en vigor o pasado 31 de decembro, pero determinados aspectos serán de aplicación a partir deste 30 de marzo.

A CEO convoca esta sesión para poñer o foco en novidades da reforma laboral como os novos contratos temporais, o contrato fixo descontinuo ou os cambios nos convenios colectivos de aplicación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Igualmente, repasarase a actualidade dos ERTE e o mecanismo REDE nunha xornada na que as relatoras, Catarina Capeáns e Gloria Pire, especialistas dereito laboral de Vento Avogados e Asesores, analizarán o alcance destas modificacións no día a día das empresas.