Publicado no BOP
Extracto da convocatoria 2023 e as súas bases reguladoras
para conceder subvencións destinadas a asociacións veciñais
para gastos de investimento e correntes en locais de propiedade ou con cesión de uso
BDNS (identif.): 723293
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase
o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/723293)
Primeira. Obxecto e finalidade da convocatoria
As presentes bases teñen por obxecto regular, tomando como
marco legal a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do
Concello do Carballiño que se rexe, á súa vez, pola Lei xeral de
subvencións 38/2003, do 17 de novembro, e as bases de execución do Orzamento do Concello do Carballiño, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a
asociacións de veciños do Concello do Carballiño, destinadas a
execución de obras de investimento e gastos correntes de funcionamento dos locais sociais.
Segunda. Beneficiarios/as
- Poderán concorrer á presente convocatoria de subvención
(en calquera das modalidades), aquelas asociacións veciñais
que cumpran os seguintes requisitos:
Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de
Asociacións da Xunta de Galicia e no Rexistro de Asociacións do
Concello do Carballiño, con domicilio social no Concello do
Carballiño e provistas do perceptivo Código de Identificación
Fiscal (CIF).
Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou
incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións
públicas
Estar ao día coas obrigas tributarias coa axencia tributaria
estatal, autonómica, local e Seguridade Social.
Será requisito para solicitar a subvención de investimento
posuír a titularidade (ben mediante documento de propiedade
ou de cesión de uso coa correspondente autorización para a
realización de obra) do local socia
- Quedan excluídas:
a) Aquelas asociacións que recibiran outra subvención do
Concello, en convocatorias anteriores, e non a xustificasen
debidamente.
Terceira: Crédito - O importe total asignado no Orzamento municipal que se
destina a esta finalidade ascende a 10.000 euros, segundo se
detalla a seguir:
Plan de mellora de locais sociais
Aplicación orzamentaria; Importe
Gastos correntes de funcionamento: 414.11.480.00; 6.000 €
Investimento: 414.11.780.00; 4.000 € - Ningunha entidade poderá obter unha subvención da Área
de Medio Rural superior a:
Para gastos de investimento: 1.000 €
Para gastos correntes de funcionamento: 600 €
O remanente, de o haber, repartirase entre as solicitudes de
maneira proporcional. - Estas subvencións poderán ser compatibles con outras para
o mesmo fin. En ningún caso, o importe da subvención poderá
ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes
públicos ou privados, supere o custo total da actividade que
desenvolverán as entidades beneficiarias. Se así fose, este feito
daría lugar a unha modificación da resolución da concesión. Así
mesmo, toda alteración das condicións para a concesión das
subvencións poderá dar lugar, se é o caso, á modificación do
acordo de concesión.
Sexta. Presentación de solicitudes, prazo e documentación
1.As entidades que se acollan a esta orde deberán presentar
a correspondente solicitude mediante o modelo normalizado
(anexo I) que se facilitará na Área de Medio Rural do Concello
do Carballiño, no prazo de quince días hábiles, que contarán a
partir do día seguinte á publicación do extracto da presente
convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, tras a
comunicación efectuada para o efecto pola BDNS (Base de
Datos Nacional de Subvencións), mediante unha instancia dirixida ao alcalde ou concelleira delegada de Medio Rural, no
Rexistro Xeral municipal do Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito dos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime
xurídico do sector público.
O Carballiño, 24 de outubro de 2023. O alcalde.
Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro