A área de migracións do PsdeG-Psoe de Ourense informa que os retornados de Alemaña que perciben unha pensión deste país estarán exentos de abonar o imposto do 5% se os seus ingresos en españa están por baixo dos 11.604 €

A área de migracións do psdeg-psoe de ourense informa que os retornados de alemaña que perciben unha pensión deste país estarán exentos de abonar o imposto do 5% se os seus ingresos en españa están por baixo dos 11.604 €

Dende a área de migracións da executiva provincial socialista apuntan en que de cara ao vindeiro ano “sube o límite establecido con respecto a 2023, cando eran 10.908 euros anuais o importe que non se podía superar para quedar exento do pago do 5%”

AVANTAR ACTIVIDADES

Luís Gulín explica que no cálculo do chamado imposto do 5% “entran tamén as pensións privadas das empresas (Betriebsrente), ademais da oficial da Deutsche Rentenversicherung”

Ourense, 14 de novembro de 2023. A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa que os e as emigrantes retornadas de Alemaña que perciben unha pensión dese país estarán exentos de abonar o chamado imposto do 5% para o ano fiscal 2024, se os seus ingresos totais a declarar en España están por baixo dos 11.604 euros anuais.

Dende a área de migracións da executiva provincial socialista apuntan en que de cara ao vindeiro ano “sube o límite establecido con respecto a 2023, cando eran 10.908 euros anuais o importe que non se podía superar para quedar exento do pago do 5%”. O secretario provincial de migracións, Luís Gulín Iglesias, apunta a que dende a facenda alemá “lémbrase, unha vez máis, que os ingresos totais a ter en conta inclúen tamén as pensións españolas”.

A facenda alemá tamén insiste en que todas as persoas que empezaron este ano a cobrar unha pensión de viuvez ou de xubilación por primeira vez están obrigados a contactar co Finanzamt Neubrandenburg e darse de alta para adquirir un NIF alemán.

Luís Gulín explica que no cálculo do chamado imposto do 5% “entran tamén as pensións privadas das empresas (Betriebsrente), ademais da oficial da Deutsche Rentenversicherung”. Neste senso tamén apunta a que se o pago anual do imposto é superior aos 400 euros anuais “pódese domiciliar o pago na conta bancaria de España, nun só prazo ou en tres”.

Desde a secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense facilítase a documentación que hai que enviar á Axencia Tributaria alemá para darse de alta, incluída a solicitude do documento SEPA para domiciliar o pago. Por parte da Facenda alemá advírtese que o prazo de prescrición é de 7 anos para todos aqueles que nunca se deron de alta, por tanto, desde Alemaña pódese reclamar por agora ata o ano fiscal 2017 os impostos non abonados.