Presentado o Festival do Teatro Galego 2023 ( Fetega)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Terá lugar en Nadal no Carballiño, do 13 ao 16 de decembro e abrirá as funcións unha obra infantil, de balde para o alumnado dos centros educativos do Carballiño.

Na presentación oficial na Deputación de Ourense estiveron presentes Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación provincial, e Carlos Ledo, director do festival.

César Fernández Gil (Vicepresiente da Deputación Ourense) participa na presentación do Festival do Teatro Galego – FETEGA que se desenrolará no Carballiño os próximos 13, 14, 15 e 16 de decembro. Tamén participan Diego Fernández Nogueira (Tenente de alcalde do Carballiño) e Carlos Ledo (Director do Festival).

O groso das funcións terá lugar ás 20.30 h no auditorio municipal a un prezo de 8 euros na venda anticipada, podendo mercar o abono por 20 euros. As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com. Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono. O evento contará, como é habitual, cunha programación variada e de calidade, con actores e actrices de recoñecido prestixio, tales como Guillermo Carbajo, Camila Bossa, Luís Iglesia, Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Laura Míguez, Nerea Rodríguez, Luís Vázquez, Aldara Vázquez…

O FETEGA, que habitualmente se viña celebrando a primeira semana de setembro, traslada a súa programación a decembro, nas datas previas ao Nadal. A intención da organización é testar estas datas no calendario de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila. Ademais, entre as novidades que incorporará, figurarán diversos sorteos entre o público asistente.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No marco do festival, único na nosa comunidade que conta con todas as obras en galego, entregaranse os premios Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo, escollido polo público, así como o premio de honra.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------