O concello de Ribadavia prepara un concurso de debuxo infantil polo día das letras galegas

Este domingo 17 de maio é o día das “Letras Galegas”, e dende o concello de Ribadavia teñen preparadas varias actividades para celebrar dito día ainda que ningunha delas será presencial por motivos de seguridade.

Publicidade

Unha das iniciativa é un concurso de Debuxo Infantil no que a temática ten que estar relacionada co día das Letras Galegas e co o autor ao que se lle dedica, Ricardo Carbalho Calero. Poden presentarse todos os nenos de Educación Infantil e Primaria.

VIDEO

Os debuxos debense enviar por whatasapp ao número 698.169.550 ata este sábado 16 de maio. Publicaranse no álbum ≠LetrasGalegasRibadavia no Facebook do concello, xa hai varios publicados. Haberá un xurado que será o que decida os tres debuxos gañadores.

Os/as gañadores/as anunciáranse o propio domingo 17 e os premios entregáranse na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia o xoves 21 de maio ás 12:00h. haberá un primer premior de 30 euros e dous accésits de 15 euros cada un; estes premios daranse nuns vales para poder mercar en calquera establecemento de Ribadavia.

Feira do Viño do Ribeiro

Resultado do concurso da #FVRVirtual “Brinde virtual con viño Ribeiro” que consistía en subir unha fotografía cunha copa de viño do ribeiro. As que conseguiron mais gústame son as premiadas:

1º Premio: Damián Varela (1.435 votos)

– 1 Aloxamento dobre para o fin de semana da Feira do Viño do Ribeiro no Hotel Pazo Carballo.
– 1 Cea para dúas persoas nun restaurante de Ribadavia.
– 2 Tarxetas de tickets para poder degustar os viños na vindeira Feira do Viño do Ribeiro.
– 2 Circuitos Termais nas Termas de Prexigueiro.
– 1 Estuche de viño do Ribeiro.

2º Premio: Carolina Atuesta & Jhonfire Pilco (1.295 votos)

– 1 Cea para dúas persoas nun restaurante de Ribadavia
– 2 Tarxetas de tickets para poder degustar os viños na vindeira Feira do Viño do Ribeiro.
– 2 Circuitos Termais nas Termas de Prexigueiro.
– 1 Estuche de viño do Ribeiro.

3º Premio: Adán Salgado Vázquez (1.050 votos)

– 2 Tarxetas de tickets para poder degustar os viños na vindeira Feira do Viño do Ribeiro.
– 2 Circuitos Termais nas Termas de Prexigueiro.
– 1 Estuche de viño do Ribeiro.

Os premios serán entregados o primeiro día da próxima edición da Feira do Viño do Ribeiro.