Galicia e Ourense reducen os casos activos e a presión hospitalaria

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 105 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.805, o que amosa unha leve baixada dun centenar de persoas. A presión asistencial baixa. Hoxe hai 37 (-1) persoas na UCI, e 139 (-7) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. Hoxe hai 6 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 1 caso, ata os 223 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un novo descenso. Contamos con 13 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES