O BNG de Ribadavia denuncia a situación de precariedade no servicio do SAF

Dende o grupo municipal do BNG de Ribadavia denunciase a situación actual de precariedade no servizo do SAF (Servizo de Axuda no Fogar), un servizo esencial no concello nunha comarca sen unha soa residencia pública e cunha poboación moi envellecida e reclama unha serie de melloras nas que destacan: o aumento do número de traballadoras para establecer os períodos de descanso estipulados por lei e poder organizar as quendas de traballo sen que se teñan que facer semanas enteiras de seguido, mellora nos medios para poder cumprir co seu cometido como dispor de ferramentas mecánicas para axudar a levantar ou mover a persoas con mobilidade reducida e un recoñecemento real da importancia do seu traballo mediante unha suba salarial acorde e que non se cobre practicamente o SMI.

Ao considerar este como un dos principais servizos, dende o BNG aseguran que se dará a batalla tanto no concello coma na rúa mediante mobilizacións no caso de que non se vexan satisfeitas estas demandas. 

AVANTAR ACTIVIDADES