O GEAS da Garda Civil súmase á búsqueda de Concepción Vázquez no río Arenteiro

O Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil sumouse esta mañá á búsqueda de Concepción Vázquez no río Arenteiro. A muller, de 79 anos, está desaparecida dende o pasado sábado, onde foi vista por última vez en Arcos, lugar onde vivía.

Onte luns, os servizos de emerxencias que traballan na súa desaparición, atoparon nas marxes do río Arenteiro o seu paraugas e varias prendas de roupa. Por iso, a búsqueda comezou a centrarse nesa zona. Cans, unha lancha e drons encargábanse dos traballos na Ponte Veiga, aínda sen máis noticias dela.

AVANTAR ACTIVIDADES